O primeiro ministro de Portugal dubida dos beneficios de conxelar os alugueiros | Observatorio de Vivenda

O primeiro ministro de Portugal dubida dos beneficios de conxelar os alugueiros

O primeiro ministro de Portugal dubida dos beneficios de conxelar os alugueiros

Dende 2012, os prezos das vivendas na capital lusa duplicáronse, pero para o Goberno de Portugal conxelar os prezos provocará unha infrainvestimento dos propietarios nos inmobles, situación que xa ocorrera no país anos atrás (as rendas dos alugueiros estiveron reguladas por 40 anos). Para o primeiro ministro, o obxectivo está en desincentivar a especulación inmobiliaria. Pero non será fácil, xa que o país é o segundo máis atractivo de Europa, soamente o mercado inmobiliario de Luxemburgo rexistra unha alza nos prezos superior a Portugal. 

O Goberno asegura querer entender as recentes dinámicas internacionais no mercado, onde os activos inmobiliarios son unha gran saída para os grupos inversores nun contexto de tipos de xuro tan baixos.

Fonte| Bloomberg