O programa da Xunta para recuperar antigas casas de maestros ten un presuposto de 2 millóns para rehabilitar 50 vivendas neste 2022 | Observatorio de Vivenda

O programa da Xunta para recuperar antigas casas de maestros ten un presuposto de 2 millóns para rehabilitar 50 vivendas neste 2022

O programa da Xunta para recuperar antigas casas de maestros ten un presuposto de 2 millóns para rehabilitar 50 vivendas neste 2022

No 2017 a Xunta decidiu por en marcha un programa para recuperar as antigas casas destinadas aos maestros da comunidade para que fosen a incrementar o parque de vivenda de alugueiro a prezos asequibles para as familias vulnerables en concellos de menos de 20.000 habitantes.

O presuposto total dende o lanzamento deste programa foi de 8 millóns, dos que dous están previstos este ano. O prazo para presentar as solicitudes rematou o 1 de xuño e o Goberno Autonómico agarda chegar a rehabilitación de cincuenta vivendas, das que xa están tramitadas as actuacións en 27 cun coste de 1,1 millóns. Ourense recibiu case a metada das axudas destinadas a estas actuacións, con 82 vivendas en 22 concellos das 172 totais fronte ás 41 de Lugo, 28 de A Coruña e 21 de Pontevedra.

Fonte.-LaVozdeGalicia