O Rexistro Único de Demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo conta con 15.000 demandantes de viviendas de protección oficial | Observatorio de Vivenda

O Rexistro Único de Demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo conta con 15.000 demandantes de viviendas de protección oficial

O Rexistro Único de Demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo conta con 15.000 demandantes de viviendas de protección oficial

Comprar un piso no mercado libre en Galica, nos tempos que corren, é algo que non está ao alcance de calquera e mopito menos se se aspira a isto nalgunha das grandes cidades ou nos concellos máis poblados e por esta razón, segundo o Rexistro Único de Demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), a finais de outubro deste ano, nas catro provincias galegas estaban rexistrados 14.833 demandantes de pisos de promoción oficial, tanto para alugueiro como para compra.

A provincia con maior número de inscritos é a de Pontevedra, cun total de 7.569. Síguenlle a de A Coruña, con 5.220 e a de Lugo, con 1.645. Pecha a lista Ourense co menor número de rexistros, só 449.

Nas sete grandes urbes galegas, onde a vivenda, pola demanda existente, ten os prezos máis altos en comparación cos pequenos concellos, os demandantes de casas de protección para compra ou alugar suman un total de 11.366, que representan o 76,6% do total dos inscritos no rexistro do IGVS.

A cidade de Vigo, con 5.446 demandas figura á cabeza desa lista, seguida de A Coruña, con 2.444 rexistrados e Lugo, 981. A cuarta praza é para Pontevedra, que anota 953. Por detrás están Santiago, con 751; Ferrol, 556 e a capital ourensana, con 235.

Fonte | El Correo Gallego