O rural contén os prezos en Ourense, pero demanda máis alugueiro | Observatorio de Vivenda

O rural contén os prezos en Ourense, pero demanda máis alugueiro

O rural contén os prezos en Ourense, pero demanda máis alugueiro

Os prezos de venda das vivendas á venda no rural contivéronse dende o confinamento, pese a alza de venda de casas, que permitiu que Ourense, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), sexa a única galega onde en xuño aumentou a compravenda de casas (103 fronte as 53 de maio). O sector, de momento, non está preocupado por que suba o prezo, senón maís ben pola falta de oferta de alugueiro, cada vez máis demandado, ou pola falta dalgúns servizos como o autobús.

Por iso, unha das grandes preocupacións é a falta de vivenda no rural para alugar, algo que sí que tivo unha gran subida na demanda.

Os prezos da vivenda en venda contivéronse na provincia. O último informe de Idealista  sitúa o prezo en 1.127 euros o metro cadrado, unha redución do 5% respecto ao ano pasado e un 3% menos respecto ao inicio do confinamento. 

Fonte | Atlántico