O Salón Inmobiliario Internacional de Madrid abre as súas portas á vez que examina os datos do sector | Observatorio de Vivenda

O Salón Inmobiliario Internacional de Madrid abre as súas portas á vez que examina os datos do sector

O Salón Inmobiliario Internacional de Madrid abre as súas portas á vez que examina os datos do sector

O Salón Inmobiliario Internacional de Madrid (SIMA) abrirá as súas portas a finais deste mes cunha oferta de 35.000 vivendas, localizadas fundamentalmente na Comunidade de Madrid. Os expertos do X Observatorio da Valoración (Asociación Española de Análisis de Valor), prevén que o prezo da vivenda suba un 4 % nominal de media en España ata 2020.

Con respecto ao alugueiro, o informe revela unha relentización da subida dos prezos durante 2018 que, segundo os expertos, débese á falta de capacidade dos usuarios e usuarias para afrontar o prezo das rendas, ao menor crecemento económico no último ano ou ao transvase dos inquilinos ao mercado da propiedade.

Fonte.- El Diario Vasco