O sector bancario advirte dun endurecemento dos criterios de acceso á hipoteca | Observatorio de Vivenda

O sector bancario advirte dun endurecemento dos criterios de acceso á hipoteca

O sector bancario advirte dun endurecemento dos criterios de acceso á hipoteca

Segundo unha enquisa levada a cabo polo Banco de España a dez das principais entidades bancarias, os criterios para ter acceso ao crédito bancario para a compra de vivendas serán máis duros neste tercer trimestre do ano. As causas son unha menor tolerancia ao risco por parte das entidades e unha menor solvencia dos solicitantes do préstamo, o que aumenta a percepción do risco. Sen embargo, non se espera unha afectación no prezo dos créditos, nin nas condicións esenciais, senon que aumenta a esixencia de garantías para ter acceso aos mesmos.

Fonte.- ABC