O sector da construcción en Galicia mantén as cifras alcanzadas en 2019 | Observatorio de Vivenda

O sector da construcción en Galicia mantén as cifras alcanzadas en 2019

O sector da construcción en Galicia mantén as cifras alcanzadas en 2019

As cifras do sector da construcción en Galicia durante o pasado ano, con 1.714 edificios de nova planta levantados, rexistraron un mínimo repunte fronte aos 1.699 do ano anterior. Outro tanto sucede co que atañe á rehabilitación de edificacións, cun montante de 1.577 o pasado ano, fronte a 1.573 en 2018.

Son cifras que reflicten, desde 2017, unha estabidade no sector, pero que están moi lonxe das anotadas en 2008, o ano do estalido da burbulla inmobiliaria, no que o rexistro de edificios construidos de nova planta foi de 6.242, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Do conxunto de contruccións de nova planta de 2019, un total de 1.148 foron residenciais. Destas, 1.126 destináronse a vivendas familiares, 7 a residencia colectiva permanente e 15 a residencia colectiva eventual.

No apartado de obras de rehabilitación, a cifra de actuacións foi de 1.577, das cales 309 corresponderon a ampliacións, 114 a vaciados, 148 a cimentación, 724 a cubertas, 567 a fachadas e 157 a reformas ou acondicionamento de locais de distinto uso.

Á hora de analizar a actividade constructiva por provincias, as de A Coruña e Pontevedra, por esta orde, lévanse a palma no conxunto da comunidade. Entre ambas suman case o 75% da edificación levantada ao largo do ano pasado.

No epígrafe de rehabilitación, a cifra de actuacións executadas en A Coruña ascendeu a 549, mentres que en Pontevedra anotáronse 449. Entre ambas suman 998 sobre o total de 1.577 rexistradas en Galicia, o que supón o 63%.

Fonte | El Correo Gallego