O sector da construción crece en 2023, deixando atrás a fase de recuperación | Observatorio de Vivenda

O sector da construción crece en 2023, deixando atrás a fase de recuperación

O sector da construción crece en 2023, deixando atrás a fase de recuperación

O Valor Engadido Bruto medio que xera a actividade da construción en Galicia saldouse, por primeira vez en catro anos, con cifras positivas. En 2023 creceu un 0,8%, retribuindo en total 4.181,6 millóns de euros, o 5,5% do Produto Interior Bruto autonómico. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o ritmo foi de crecemento dende 2014 ata 2020, onde caeu moito, chegando a un descenso do 21,6% no segundo trimestre dese ano. Dende entón, no arranque de 2021 pasou de descender un 8,5% a aumentar un 6,1%, para volver a descender no segundo trimestre un 8,1%, ata que comezou a recuperarse de forma sostida na segunda metade de 2022. 

No primeiro trimestre de 2023 o sector volveu a rexistrar crecemento, do 2,2%, descendeu posteriormente o 0,4% en verán, para posteriormente estabilizarse nos últimos meses do periodo. Desta forma, alcanzou un crecemento anual do 0,9% por primeira vez dende a pandemia. Segundo os datos de IGE, as afiliacións á Seguridade Social no sector aumentaron un 1,7% no último ano, mentres que o paro inscrito, que disparouse en 2020, volveu a disminuir, alcanzando en 2023 unha redución do 10,6%. 

As licenzas municipais outorgadas para a construción de novos edificios descenderon de media un 4,1% en 2023. En canto a vivendas, edificáronse 2.823 novas, un 3,55% máis que no exercicio previo, rehabilitáronse 655, un 3,3% máis, e foron demolidas 246, un 18,8% máis. A variación neta no parque inmobiliario foi positiva, con 3.232 vivendas máis, o que supón un incremento do 2,5% respecto ao ano anterior. 

Fonte.- ABC