O simposio Urban Solutions terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago os días 4, 5 e 6 de outubro | Observatorio de Vivenda

O simposio Urban Solutions terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago os días 4, 5 e 6 de outubro

O simposio Urban Solutions terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago os días 4, 5 e 6 de outubro

O evento Urban Solutions, unha reunión de expertos en materia, organizado pola Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago os días 4 e 6 de outubro. Daranse cita algúns dos máis destacados profesionais e empresas xunto co público en xeral para a presentación dos últimos avances para o deseño, planificación e desenvolvemento da transformación tecnolóxica dos espazos urbanos. 

Servirá de plataforma para que os expertos do sector demostren súas capacidades para definir, deseñar, planificar e crear unha urbe intelixente, eficiente, conectada, innovadora e accesíbel para os cidadáns, como explica Roberto Carlos González, director de Urban Solutions. As temáticas serán: enerxías, iluminación, parques, movilidade, sostenibilidade e infraestructuras.

Durante o evento entregaranse ademais os II Premios Parques Urbanos e os I Premios de Iluminación, que recoñecerán as mellores prácticas en proxecto, deseño, execución, uso e mantemento dos parques urbanos e das instalacións de iluminación realizadas polos profesionais do sector. Os participantes serán os municipios, entidades territoriais e actuacións privadas de todo o territorio nacional.

Fonte.- Urban Solutions