O sistema de certificación WELL axuda a mellorar a saúde e o confort dos usuarios nos fogares  | Observatorio de Vivenda

O sistema de certificación WELL axuda a mellorar a saúde e o confort dos usuarios nos fogares 

O sistema de certificación WELL axuda a mellorar a saúde e o confort dos usuarios nos fogares 

Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), en España hai 50.000 vivendas con menos de 30 m2 e hai máis de medio millón cunha superficie de entre 30 e 45 m2. A escasez de espazos e a falta de luz natural ou unha mala ventilación complican o confinamento de moitas familias. 

O sistema de certificación WELL está centrado na saúde e no confort dos usuarios para mellorar a habitabilidade dos fogares. O sistema está gañando importancia nestes momentos, xa que inclúe unha serie de recomendacións para mellorar a saúde e o benestar. 

Manter unha temperatura adecuada no interior da vivenda, aproveitar a luz natural e o calor do sol ou unha correcta ventilacón da vivenda, son algunhas das recomendacións que defende esta filosofía. 

 

Fonte | idealista