O stock de vivendas en alugueiro para estudantes complétase Pontevedra | Observatorio de Vivenda

O stock de vivendas en alugueiro para estudantes complétase Pontevedra

O stock de vivendas en alugueiro para estudantes complétase Pontevedra

As inmobiliarias de Pontevedra indican que as súas bolsas de inmobles para universitarios están esgotadas a menos dunha semana para o comezo oficial do curso universitario, o vindeiro luns 6 de setembro.

Só quedan habitacións soltas en pisos compartidos para as que os propios estudantes tratan de buscar inquilinos e por iso os portais web de alugueiro de vivendas, as redes sociais e mesmo os taboleiros de anuncios das facultades que conforman o campus universitario de Pontevedra énchense de anuncios deste tipo de habitacións.

Así, en xuño o stock de vivendas de alugueiro dispoñibles quedou totalmente esgotado e por iso o problema principal ao que se enfrontan as inmobiliarias é que a oferta de vivendas destinadas a universitarios minguou notablemente nos últimos anos e volveuse á presencialidade dos cursos universitarios, polo que a demanda de pisos é maior.

A pesar da elevada demanda que caracteriza ao mercado inmobiliario pontevedrés, o prezo dos arrendamentos para estudantes mantéñense sen variacións destacables con respecto ao ano pasado, roldando o prezo medio por habitación os 200 euros.

Fonte | Faro de Vigo