O teletraballo dispara as reformas de vivendas en Vigo e a súa área | Observatorio de Vivenda

O teletraballo dispara as reformas de vivendas en Vigo e a súa área

O teletraballo dispara as reformas de vivendas en Vigo e a súa área

As reformas nos interiores das vivendas experimentaron un auxe a medida que a pandemia se foi prolongando: o que se iniciou con melloras nas cociñas tras aumentar o tempo que se pasa nelas, estas fóronse estendendo a estancias como balcóns e terrazas, e agora, co despegue do teletraballo, disparáronse as peticións de espazos nos que exercelo con comodidade.

De feito, xa hai firmas especializadas en crear espazos para teletraballar que estudan os puntos de luz, a cor das paredes, a decoración e incluso detalles que permitan ter un espazo sen dispoñer dunha habitación específica, como distinto solo ou cor da estancia. Ademais, outra demanda moi ligada a esta é a mellora da eficiencia enerxética con cambios de ventás e illamentos. 

Con relación aos municipios nos que se executan máis obras de reformas, fanse indistintamente no ámbito urbano e rural.

Fonte | La Voz de Galicia