O tipo de interese medio das hipotecas baixa por primeira vez en 20 meses | Observatorio de Vivenda

O tipo de interese medio das hipotecas baixa por primeira vez en 20 meses

O tipo de interese medio das hipotecas baixa por primeira vez en 20 meses

Segundo os datos publicados pola Asociación Hipotecaria Española, o tipo de interese medio ao que os bancos conceden hipotecas en España baixou ao 4,276% en novembro, inferior ao 4,33% de outubro. Isto supón a primeira baixada nos últimos 20 meses, e sitúa a España outra vez por debaixo da media da zona euro, que se situou no 4,28% este novembro.

En novembro de 2022 o tipo medio das hipotecas en España foi do 2,877%, superior ao 2,81% da media da zona euro.

Na media de novembro, o euríbor a 12 meses, o indicador das hipotecas variables en España situouse no 4,022%, por debaixo do 4,16% de outubro e por debaixo tamén do tipo de intervención do BCE, que se sitúa no 4,5%. 

Fonte.- EFE