O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece que as propiedades adquiridas á Sareb deberán ser declaradas segundo o seu valor real | Observatorio de Vivenda

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece que as propiedades adquiridas á Sareb deberán ser declaradas segundo o seu valor real

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece que as propiedades adquiridas á Sareb deberán ser declaradas segundo o seu valor real

Segundo unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), as propiedades adquiridas á Sareb deberán ser declaradas segundo o seu valor real, e non segundo o valor rebaixado polo que se adquire. A resolución do TSXG vén motivada pola adquisición dun inmoble pola metade do seu prezo real, o prezo que se declarou no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP), que, sen embargo, foi taxado por un valor de 544.775,68 euros pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) ao revisar a liquidación. 

Fonte.- Faro de Vigo