O Val Miñor lidera o mercado da vivenda vacacional galega | Observatorio de Vivenda

O Val Miñor lidera o mercado da vivenda vacacional galega

O Val Miñor lidera o mercado da vivenda vacacional galega

A maior reactivación do mercado dos pisos e casas de alugueiro vacacional galego produciuse na costa desde O Val Miñor ata A Guarda, segundo o informe de Tinsa sobre o mercado inmobiliario. O mercado da vivenda vacacional despunta en tan so un 3,4 % da costa, desde Nigrán ata a desembocadura do Miño e noutros enclaves das costas de Cádiz, Huelva ou Asturias.

A demanda en toda a área da ría de Vigo é maioritariamente nacional, procedente de Madrid, Cataluña ou o País Vasco, así como doutros puntos de Galicia.

Baiona e Nigrán manteñen o atractivo de alugueiro en época de verán, situándose na banda alta dos valores da provincia e de toda Galicia. Os resultados de ocupación hostaleira e alugueiros no que vai de verán evidencian a hexemonía turística de O Val Miñor, afianzándose tamén como destino preferente para os que decidiron mudarse tras a pandemia.

 

 

Fonte | La Voz de Galicia