O valor da vivenda libre aumentou no último ano un 4% segundo datos do Ministerio de Transportes | Observatorio de Vivenda

O valor da vivenda libre aumentou no último ano un 4% segundo datos do Ministerio de Transportes

O valor da vivenda libre aumentou no último ano un 4% segundo datos do Ministerio de Transportes

Durante o primeiro trimestre de 2023 o valor da vivenda libre alcanzou de media os 1.286,3 euros por metro cadrado en Galicia o que supuxo un aumento do 4% en comparación ao mesmo período do ano anterior sendo o valor máis alto dos últimos 11 anos.

Por cidades, A Coruña é a que conta cun valor máis alto, por riba dos 2.000 euros e unha subida do13,4% seguida por Santiago de Compostela , 1.806 euros e unha alza do 4,1%, o valor en Vigo aumentou un 7,7% e o prezo supera os 1700 euros,  Pontevedra tivo no primeiro trimestre un valor de 1.389 euros, Ourense 1.254 euros, Ferrol foi a urbe galega cun prezo máis barata con760 euros por metro cadrado e unha baixada do 1,6%.

Fonte.- Faro de Vigo