O valor do alugueiro aumentou durante o 2022 un 5,1% en Galicia segundo o Índice de prezos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O valor do alugueiro aumentou durante o 2022 un 5,1% en Galicia segundo o Índice de prezos de Idealista

O valor do alugueiro aumentou durante o 2022 un 5,1% en Galicia segundo o Índice de prezos de Idealista

Galicia pechou o ano 2022 cun valor medio do alugueiro de 7,7 euros o metro cadrado o que supuxo un aumento do 5,1% con respecto ao 2021 sendo a provincia de Pontevedra onde as rendas foron máis caras, cunha media de 8,5 €/m2, aínda que a subida interanual é a máis baixa da comunidade cun 2,3%. A Coruña é a segunda provincia cun prezo máis elevado (7,4 euros/m2 e unha subida do 5,4%) mentres que Ourense e Lugo sitúanse en 6,3 e 5,9 euros o metro cadrado contando cos maiores incrementos da comunidade cun 14,4 e 10,8 por cento respectivamente.

Fonte.- Diario de Pontevedra