O valor do alugueiro en España creceu un 9,1% interanual en xaneiro alcanzando o máximo histórico no índice de prezos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O valor do alugueiro en España creceu un 9,1% interanual en xaneiro alcanzando o máximo histórico no índice de prezos de Idealista

O valor do alugueiro en España creceu un 9,1% interanual en xaneiro alcanzando o máximo histórico no índice de prezos de Idealista

O prezo do alugueiro en España situouse de media en España nos 11,6 euros por metro cadrado amosando unha subida interanual do 9,1% e do 1,5% respecto ao mes pasado sendo este prezo o máximo histórico dende que Idealista recolle os datos no seu índice de prezos.

As subidas máis altas déronse en Cataluña (2,4%), Cantabria (2,2%)  Madrid (1,8%)  Galicia (1,5%), Comunidade Valenciana (1,4%) e Baleares (1,3%) mentres que os lugares onde foi máis caro alugar unha vivenda foi en Cataluña (16 euros/m2/mes),  Madrid (15,1 euros/m2) , Baleares (14 euros/m2) e País Vasco (12,8 euros/m2) fronte ás máis económicas que foron Estremadura (5,8 euros/m2) e Castela-A Mancha (6,2 euros/m2).

Fonte.- Idealista