O valor dos pisos no centro de Ourense creceu un 5 % nun ano | Observatorio de Vivenda

O valor dos pisos no centro de Ourense creceu un 5 % nun ano

O valor dos pisos no centro de Ourense creceu un 5 % nun ano

O mercado inmobiliario non é alleo ao novo escenario xerado pola alarma sanitaria. O prezo da vivenda no último ano baixou, en termos xerais, na cidade de Ourense, aínda que iso non quere dicir nin moito menos que non se teñan revalorizado opcións como as de vivendas con espazo exterior ou os pisos con xardíns. De acordo co informe mensual de Idealista do mes de xullo, o prezo do metro cadrado dun piso á venda en Ourense situouse nos 1.410 euros, de forma que no último ano, os pisos en venda na cidade devaluáronse un 1,1 %.

Así, as zonas máis exclusivas para comprar un piso no núcleo urbano segundo o informe de Idealista atópanse na zona centro, cun prezo medio de 2.038 euros por metro cadrado, na que se revalorizaron no último ano nun 5,1 %. O segundo distrito cun prezo máis elevado atópase na contorna da zona universitaria, cun prezo medio de 1.808 euros por metro, cunha subida do 6 % con respecto a hai un ano.

Fonte | La Voz de Galicia