O valor medio da vivenda de segunda man en Galicia pechou abril en 1355 euros/m2 segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O valor medio da vivenda de segunda man en Galicia pechou abril en 1355 euros/m2 segundo Idealista

O valor medio da vivenda de segunda man en Galicia pechou abril en 1355 euros/m2 segundo Idealista

A vivenda de segunda man tivo un prezo medio do metro cadrado de 1355 euros durante abril en Galicia o que supón un crecemento do 2,4% interanual e unha lixeira suba do 0,1% con respecto a marzo.

Por provincias, Pontevedra é onde a vivenda usada tivo un valor mais alto con 1602 euros o metro cadrado de media, unha mínima caída mensual do 0,6% e un aumento interanual do 2,3%, seguida por A Coruña cun valor medio de 1300 euros, con subas do 0,8% mensual e 2,7% interanual. Por último Ourense e Lugo rexistraron un prezo de venda de 1163 e 1004 euros o metro cadrado respectivamente cunha caída do 0,4% mensual no caso da primeira e un incremento respecto a marzo do 1,1% na segunda, mentres que, con respecto a 2022, en ambas aumentou o valor dos inmobles usados sendo lixeira, un 0,6 na caso de Ourense e do 2,8% en Lugo.

Fonte.- Idealista