O valor refuxio do ladrillo mantense fronte os efectos da inflación na cidade de Ourense | Observatorio de Vivenda

O valor refuxio do ladrillo mantense fronte os efectos da inflación na cidade de Ourense

O valor refuxio do ladrillo mantense fronte os efectos da inflación na cidade de Ourense

En tempos de inflación os inmobles manteñen o seu valor refuxio que serve de caixa forte para os aforradores, como ocorre no caso da cidade de Ourense. Para evitar a perda de poder adquisitivo, cando o diñeiro está a perder o seu valor, a xente inviste en inmobles, no caso de Galicia "o valor refuxio do ladrillo sempre existiu e segue exitiendo", segundo informa Jorge Fernández, da inmobiliaria Metrópole. Ademais, engade, en Galicia hai máis investidores que xente que queira comprar unha vivenda habitual.

Doutra banda, en Metrópole rexistran un certo freo na marcha das compravendas do mesmo xeito que o rexistrado a nivel nacional. No caso das hipotecas, estas tamén se frearon, cun importe medio no primeiro trimestre un 10,5% menor que no mesmo período do ano pasado, non se rexistraba un importe tan baixo desde 2017.

Fonte.- La Región