As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel será das primeiras actuacions ao abeiro do Plan de Reactivación | Observatorio de Vivenda

As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel será das primeiras actuacions ao abeiro do Plan de Reactivación

As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel será das primeiras actuacions ao abeiro do Plan de Reactivación

As obras de rehabilitación do Hospital de San Miguel, emprazado no barrio lucense da Tinería, será unha das primeiras actuacións que se beneficiará do Plan de reactivación deseñado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais que deixou a pandemia da COVID-19. Este plan, que estará vixente todo o ano 2020, descansa sobre catro eixos, a simplificación administrativa e redución de prazos, a axilización dos pagos, as medidas postas en marcha ata o momento para paliar o impacto da pandemia, así como novas medidas que se implantarán para reactivar a economía durante o período de transición de cara a nova normalidade.

O contrato de licitación para a recuperación do Hospital de San Miguel está aberta ao 23 de xuño, polo que aínda se poden presentar ofertas, cuxo prazo de execución é de 8 meses.

Este inmoble destinarase a usos relacionados coa potenciación dos recursos turísticos e enogastronómicos da provincia de Lugo, é dicir, dotalo dun uso público e administrativo, permitindo ademais o acceso á muralla a través dun itinerario accesible mediante a instalación dun ascensor interior que comunica a cota da cidade coa do adarve da muralla. Trátase dun inmoble formado por dúas edificacións independentes e inconexas: a Casa- Torre, de planta cadrada e de orixe medieval, e outra edificación con forma de L, que se une á primeira polo noroeste. En todo caso, a intervención prevé a recuperación dos volumes orixinarios, respectando os muros e a configuración de ocos.

 

Fonte | IGVS