A oferta de pisos en alugueiro redúcese en Galicia e o stock sitúase nas 3.800 vivendas | Observatorio de Vivenda

A oferta de pisos en alugueiro redúcese en Galicia e o stock sitúase nas 3.800 vivendas

A oferta de pisos en alugueiro redúcese en Galicia e o stock sitúase nas 3.800 vivendas

Segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), no último ano caeu a oferta de pisos en alugueiro nun 20 por cento, debido principalmente ao boom dos pisos turísticos. A pesar da cantidade de vivendas baleiras na comunidade, iso non se traduce en vivendas destinadas ao alugueiro para residencia. Así, o stock de vivendas ofertadas para alugueiro sitúase entre 3.500 e 3.800 vivendas. Esta limitada oferta provoca tamén un incremento nos prezos.

Fonte.- La Opinión Coruña