A oferta de pisos turísticos en Galicia aumenta un 6% segundo datos da Consellería de Turismo  | Observatorio de Vivenda

A oferta de pisos turísticos en Galicia aumenta un 6% segundo datos da Consellería de Turismo 

A oferta de pisos turísticos en Galicia aumenta un 6% segundo datos da Consellería de Turismo 

Segundo datos da Consellería de Turismo, a oferta de pisos vacacionais repuntou en Galicia a pesar de atoparnos no medio da pandemia da COVID-19. En só tres meses, déronse de alta na comunidade casi 600 vivendas turísticas, pasando das 10.000 vivendas rexistradas en febreiro ás 10.564 rexistradas actualmente, o que supón unha subida de casi un 6 %. E as prazas ofertadas aumentaron cerca dun 11 %, con case 57.000 camas dispoñibles. 

En febreiro os hoteis en Galicia ofertaban 56.000 prazas fronte ás 51.400 dos pisos turísticos, pero na actualidade as vivendas turísticas dominan o mercado vacacional coa oferta de 56.986 prazas fronte as 56.144 que ofertan os hoteis.  

A provincia de Pontevedra é a que concentra o maior número de prazas en vivendas vacacionais cunha cifra superior as 26.300 prazas, un 14,4 % máis que hai tres meses. Nas cidades concéntranse o 17,5 % das prazas dispoñibles en vivendas vacacionais. Santiago de Compostela é a que máis prazas oferta, seguida de A Coruña e Vigo, aínda que é Sanxenxo a localidade galega con máis camas ofertadas. 

 

Fonte | Faro de Vigo