A oferta de vivenda nova en Galicia redúcese ata alcanzar mínimos históricos segundo Fegein | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivenda nova en Galicia redúcese ata alcanzar mínimos históricos segundo Fegein

A oferta de vivenda nova en Galicia redúcese ata alcanzar mínimos históricos segundo Fegein

O número de vivenda nova en Galicia reduciuse por quinto ano consecutivo baixando nos últimos 6 meses un 11% o stock da comunidade acadando seu mínimo histórico sendo as zonas máis afectadas as provincias de Pontevedra e A Coruña ademáis da Mariña Lucense. Isto únese ao aumento dos prezos do alugueiro que acadaron unha subida do 20% segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

Galicia contaba con 19.616 vivendas residenciais novas no ano 2021 baixando ata as 17.475 neste primeiro semestre do 2022. As causas que explican este decrecemento son variadas segundo o estudo e nos atopamos razóns coma o aumento da demanda embolsada debido á pandemia, mellora da rentabilidade debido aos tipos de interés baixos ou a preferencía por vivendas máis amplas, ainda que a causa principal que podería explicar esta preferencia pola compra é o gran aumento dos alugueiros sobre todo en cidades como A Coruña e Vigo o que leva á preferencia pola compra.

Fonte.- LaVozDeGalicia