A oferta de vivenda nova reduciuse no 2022 en Galicia segundo o Ministerio de Transportes | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivenda nova reduciuse no 2022 en Galicia segundo o Ministerio de Transportes

A oferta de vivenda nova reduciuse no 2022  en Galicia segundo o Ministerio de Transportes

A vivenda nova á venda en Galicia caeu un 3,1% interanual no 2022 ata situarse nas 19.005 sendo unicamente o 1,16% do total do parque de vivendas. Comparado a hai 10 anos a caída aumenta ata o 43%,  no 2012 había un total de 33.345 tal como recolle o Faro de Vigo.

Por provincias, Lugo amentou lixeiramente a súa oferta de vivenda nova, un 0,37% ata as 1.902 mentres que nas outras a comparación a 2022 o dato descende sendo a maior caída en Pontevedra, un 5,4% ata os 6.620 inmobles seguida por Ourense co 2,6% menos e 2.374 pisos e A Coruña, unha baixada do 2,1% e 8.019 vivendas.

Fonte.- Faro de Vigo e Mitma