A oferta de vivendas de alugueiro convencional cae un 30%: aumentan os prezos e o transvasamento a vivendas de alugueiro vacacional | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivendas de alugueiro convencional cae un 30%: aumentan os prezos e o transvasamento a vivendas de alugueiro vacacional

A oferta de vivendas de alugueiro convencional cae un 30%: aumentan os prezos e o transvasamento a vivendas de alugueiro vacacional

A oferta de vivendas de alugueiro habitual descendeu, en España, un 30,57% desde a entrada en vigor da nova Lei de Vivenda, segundo os datos recompilados pola Federación Nacional de Asociacións inmobiliarias con base nunha enquisa realizada a unha mostra de 637 axencias inmobiliarias de todas as comunidades autónomas.

Polo lado da demanda, esta incrementouse un 11% no últimos cinco meses e os prezos de alugueiro subiron un 9,2% de media o último ano.

Respecto a os propietarios, o 25,81% das axencias consultadas declara que os arrendadores endureceron os requisitos esixibles aos potenciais inquilinos, o 19% opta por aumentar o prezo do alugueiro para atenuar a demanda e o 15% traslada a súa vivenda ao alugueiro vacacional para eviar o temor á falta de pagamentos, mentres un 13% afirma que traslada o seu inmoble ao mercado de compravenda. Ademais, moitos propietarios optan pola autogestión do alugueiro da vivenda.

Fonte.- CincoDías