A oferta de vivendas en alugueiro en Galicia sube un 27% pola pandemia | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivendas en alugueiro en Galicia sube un 27% pola pandemia

A oferta de vivendas en alugueiro en Galicia sube un 27% pola pandemia

O número de inmobles en alugueiro en Galicia creceu un 27,5% desde o inicio da pandemia, segundo un estudo publicado por Idealista. A explicación a este incremento tan significativo do stock pódese achacar principalmente ao parón provocado polo confinamento, cando durante tres meses non se pecharon apenas operacións de alugueiro e as vivendas fóronse acumulando.

As capitais de provincia sentiron con maior forza o embalsamento de vivendas en alugueiro, aínda que tamén existen algunhas nas que o producto dispoñible é inferior ao que había no mes de marzo. O maior incremento a nivel galego localízase na cidade de Lugo, cunha subida do 46%. Síguenlle Pontevedra (37%), Ourense (25%) e A Coruña (18%).

Porén, pese ao incremento do 27%, Galicia é a novena comunidade co maior aumento, xa que a nivel nacional o incremento alcanzou o 63% e ademais, a acumulación de vivendas en alugueiro foi máis notable nalgunhas comunidades como Madrid (+ 96,1%) ou Andalucía (+ 81,6%).

Fonte | La Opinión Coruña