Oito de cada dez vivendas que se venden en Vigo son de segunda man | Observatorio de Vivenda

Oito de cada dez vivendas que se venden en Vigo son de segunda man

Oito de cada dez vivendas que se venden en Vigo son de segunda man

O sector inmobiliario volve a niveis prepandemia: a compravenda de vivenda creceu no primeiro trimestre un 3,5% na provincia de Pontevedra, aínda que se sitúa por baixo da media galega que experimentou un aumento dun 10%.  En ambos os casos o sector viuse levantado polos pisos de segunda man, xa que preto do 80% dos inmobles vendidos son usados, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) feitos públicos onte. 

No tres primeiros meses do ano vendéronse un total de 1.530 vivendas na provincia,  das que máis de 1.100 son usadas e o resto novas.  Supón un 3,5% máis que no mesmo período do exercicio anterior, e en marzo rexistrouse o maior número de transaccións, 559, o que supón un 47% máis que un ano antes, aínda que hai que ter en conta que marzo de 2020 estivo marcado polo inicio do estado de alarma. 

Este aumento na venda de vivendas de segunda man está liderada por Vigo, onde se rexistrou a maior suba.

Fonte | Atlántico