Optimismo do sector inmobiliario tras o verán en España polo aumento das compravendas | Observatorio de Vivenda

Optimismo do sector inmobiliario tras o verán en España polo aumento das compravendas

Optimismo do sector inmobiliario tras o verán en España polo aumento das compravendas

Nos últimos meses o número de transaccións de compravenda en España subiron, o que provocou certo optimismo no mercado inmobiliario. Espérase un crecemento no número de compravendas para este outono, agardando cifras por riba das 125.000, dependendo todo isto de como evolucione a crise sanitaria e a conxuntura económica do país.

A motivación deste aumento en outono débese, entre outras causas, segundo afirma Vicenç Ramón, director xerente de RTV Grupo Inmobiliario, á revalorización xeral de todo o sector ou ao regreso á libre circulación entre países.

Espérase que para outono os prezos suban en maior medida en grandes urbes coma Madrid ou Barcelona, pero agárdase unha estabilización dos prezos en xeral, sendo así o outono un bo momento para repensar a compra dunha vivenda.


Fonte | Idealista