Os afectados polos incendios recibirán axudas de ata 122.000€ para a rehabilitación das vivendas | Observatorio de Vivenda

Os afectados polos incendios recibirán axudas de ata 122.000€ para a rehabilitación das vivendas

Os afectados polos incendios recibirán axudas de ata 122.000€  para a rehabilitación das vivendas

A vaga de lumes que asolou as comarcas de Valdeorras e O Courel afectou a 85 construccións e obrigou a realoxar a 1.200 persoas.

Para axudar a todas estas persoas afectadas a Xunta comunicou que cubrirá ata o 100% da reparación, no caso de que estas sexan primeira vivendas, cunha cuantía de ata 122.400€ para a súa rehabilitación mentres que para vivendas non habituais as cuantías serán de un máximo de 61.200. Para o mobiliario as axudas poderán chegar ata os 15.000 euros se a vivenda quedou totalmente destruida e ata 7.000 se non recibe a consideración de ruina.

Fonte.- LaVozDeGalicia