Os alugueiros alcanzan prezos históricos en España segundo un estudio de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros alcanzan prezos históricos en España segundo un estudio de Fotocasa

Os alugueiros alcanzan prezos históricos en España segundo un estudio de Fotocasa

Segundo o estudio do portal especializado Fotocasa, os prezos dos alugueiros subiron unha media no conxunto nacional dun 6,4% con respecto as mesmas datas do ano pasado, tendo un prezo medio de 11,11  euros o metro cadrado, alcanzando niveles máximos en 10 comunidades, 20 provincias e 19 capitales de provincia. Barcelona é a cidade cunha subida máis alta, un 21,2%, situándose o metro cadrado a 18,52€ por diante de San Sebastián (17€ metro cadrado por mes) e Madrid (16,41€/m2).

En canto á situación en Galicia, este portal cifra a subida nun 7,8% cunha media de 7,91 €/m2, situando a Ourense como a provincia da comunidade máis barata para vivir de alugueiro (6,06 €/m2), destacando a subida de Lugo nun 19,4% ata situarse nos 6,9€ metro cadrado.

Fonte.-Fotocasa