Os alugueiros arrancan o ano cunha subida do 1,69% interanual | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros arrancan o ano cunha subida do 1,69% interanual

Os alugueiros arrancan o ano cunha subida do 1,69% interanual

Segundo o informe mensual sobre prezos dos alugueiros de Pisos.com recollido por Europa Press o prezo dos alugueiros en Galicia comezaron o ano cun incremento do 1,69% respecto do ano pasado. Isto sitúa o prezo do medro cadrado en 5,54 euros, un 0,91% máis ca no mes anterior. A comunidade galega figura como a quinta máis barata de todo o territorio nacional, onde a subida media foi do 2,57%.

As cifras elabóranse a partir das ofertas do propio portal, e amosan o contraste existente entre as diferentes provincias. Pontevedra acada a maior subida interanual de toda España (17,12%), mentres que en Ourense, os prezos, víronse reducidos nun 18%, sendo a provincia de España onde máis caen.

Se analizamos as capitais de provincia, atopamos que Lugo e Pontevedra son as cidades de toda España onde máis subiron os prezos respecto do ano anterior, crecendo un 19,58% e un 17,55% respectivamente. Mentres, A Coruña e Ourense sitúanse en segunda e terceira posición no grupo onde máis retrocederon os prezos, un 7,45% e 7,16% respectivamente. 

Fonte | La Voz de Galicia