Os alugueiros baixan en Galicia en agosto arrastrados polos datos da Coruña | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros baixan en Galicia en agosto arrastrados polos datos da Coruña

Os alugueiros baixan en Galicia en agosto arrastrados polos datos da Coruña

Os prezos dos alugueiros seguen disparados en Galicia e en moitas cidades segue sendo complicado atopar vivenda, como no caso de Compostela. Porén, o portal inmobiliario Idealista detectou unha baixada dos alugueiros no mes de agosto, partindo dunha análise dos prezos nas capitais de provincia. Así, segundo este estudo, o prezo dos alugueiros baixou o pasado mes 1,3% en Galicia, o segundo maior descenso de España a respecto do mes de xullo, só superado polas Illas Baleares, onde a caída chegou a 1,5%. 

No seu informe, o portal inmobiliario Idealista sitúa a cidade da Coruña entre as urbes onde máis se moderaron os prezos dos alugueiros. Cunha redución de 2,6% ocupa o terceiro lugar, só superada por Teruel (2,9%) e Sevilla (2,8%).

Os datos de Idealista refírense só a capitais de provincia e por iso en Galicia non se teñen en conta os datos de cidades como Ferrol, Vigo ou Compostela. De feito, nesta última, os prezos incrementáronse.

Así, na actualidade, as galegas e os galegos teñen que destinar de media 29% do seu salario a facer fronte aos gastos do alugueiro.

Fonte | Nos Diario