Os alugueiros disminuíron en 2021 segundo os principais portais inmobiliarios | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros disminuíron en 2021 segundo os principais portais inmobiliarios

Os alugueiros disminuíron en 2021 segundo os principais portais inmobiliarios

Segundos os por psincipais portais inmobiliarios os alugueiros viron reducidos os seus prezos este último ano. Fotocasa acaba de publicar o seu informe anual de prezos, no cal informa dunha baixada das rendas do 3,6% despois de seis anos de subidas. Asímesmo, Idealista sinala unha baixa aínda maior, dun -4,5%, e máis prolongada (a súa serie estatística e de 7 anos, dende 2014). Únicamente Pisos.com presenta unhas cifras que discrepan dos datos anteriores, pois o portal apunta un lixeiro encarecemento dos alugueiros en 2021. Porén, os tres portais coinciden en que os prezos en 2022 presentan unha tendencia ó alza.

Atendendo á variación mensual, os tres portais coinciden, as rendas en decembro subiron en comparación cos prezo de novembro. Esta tendencia comezou á finales de ano, e parece que se vai manter e espérase que o mercado dos alugueiros retorne a situación previa á pandemia.

Madrid escápa a tendencia alzista de decembro, os prezos aínda non remontaron na comunidade e pechan o ano cunha variación mensual do -0,4%: Zaragoza e Málaga tamén pechan o ano con tasas de variación mensual negativa, do -0,1% ambas.

Fonte | El País