Os alugueiros suben un 7,4% en Portugal no terceiro trimestre | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros suben un 7,4% en Portugal no terceiro trimestre

Os alugueiros suben un 7,4% en Portugal no terceiro trimestre

En Portugal, os alugueiros subiron nos segundo trimestre un 11,5%, pero o ritmo de crecemento dos alugueiros reduciuse no seguinte. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre xullo e setembro os arrendamentos encarecéronse un 7,4%, cunha mediana nacional de 6,08 euros. Entre xullo e setembro asináronse no país 22.305 novos contratos de aluguer de vivenda familiar, o que supón un descenso do 4,2% respecto ao trimestre anterior.

Nunha análise das 25 subregiones do país (NUTS III), houbo catro con rendas superiores ao valor nacional, sendo a capital a zona máis cara. Na área Metropolitana de Lisboa (AML), onde se asinaron 7.516 novos contratos de arrendamento -aproximadamente un terzo do total-, o valor medio dos alugueres situouse en 9,04 euros. A continuación están o Algarve (6,78 euros), a área Metropolitana de Porto (6,65 euros) e Madeira (6,28 euros).

Fonte | The Portugal News