Os alugueiros superiores aos 700 euros duplicáronse en 2023 en Galicia | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros superiores aos 700 euros duplicáronse en 2023 en Galicia

Os alugueiros superiores aos 700 euros duplicáronse en 2023 en Galicia

O prezo medio do alugueiro na comunidade ascendeu a 508,7 euros en xaneiro, como recolle o último balance publicado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), tras un incremento do 8% en comparación con xaneiro de 2023. Este supón o noveno ano consecutivo con encarecementos nos prezos e as subidas son cada vez máis intensas. O custo medio no conxunto do exercicio pasado roldou os 511 euros, un 7,6% máis. A alza en 2022 foi do 5,6%; un 2,70% en 2021; practicamente un 4% en 2020; o 4,8% en 2019; o 4,6% en 2018; o 3,3% en 2017; e o 2,6% en 2016. O último ano no que sucedeu un decrecemento interanual foi en 2015, onde descendeu un 0,4%. 

Nese ano 2015, os contratos de alugueiro entre os 300 e 400 euros eran a maioría, preto do 40% do total. Agora concentran o 23,4% e o 8,6% dos alugueiros asinados. O 25% sitúanse entre os 400 e os 500 euros. Os de 500 a 600 euros está a piques de alcanzar o 20%. Os de 600 a 700 euros ao mes representan o 10%; o 5,7% vai dos 700 aos 800 euros; e os de 800 euros en diante rozan o 6%, fronte ao 0,8% de 2015, cando eran pouco máis de 200. Só no último ano, os arrendamentos que obrigan a desembolsar máis de 700 euros ao mes disparáronse un 50% en Galicia. Pasaron de 2.634 en 2022 a 3.951 en 2023. Os inferiores a 400 euros seguen a tendencia contraria: 11.589, un 22% menos que o exercicio anterior (14.700).

Fonte.- Faro de Vigo