Os alugueiros turísticos en Sanxenxo manteñen a súa actividade nos meses de xullo e agosto a pesar da COVID-19 | Observatorio de Vivenda

Os alugueiros turísticos en Sanxenxo manteñen a súa actividade nos meses de xullo e agosto a pesar da COVID-19

Os alugueiros turísticos en Sanxenxo manteñen a súa actividade nos meses de xullo e agosto a pesar da COVID-19

As axencias inmobiliarias e os propietarios de vivendas turísticas do Concello de Sanxenxo coinciden que, polo momento, a crise da COVID-19 non está afectando aos arrendamentos para os meses de xullo e agosto. As reservas mantéñense co mesmo volume de ocupación e os prezos son similares a veráns anteriores. 

Tanto as inmobiliarios como a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) coinciden en que o números de reservas de alugueiros para os dous meses centrais do verán segue sendo moi elevado en Sanxenxo. Igual que tódolos anos, as reservas fixéronse entre febreiro e marzo e, tralo inicio do estado de alarma, non se produciron cancelacións masivas. Séguense producindo novos arrendamentos e parece que moita xente que antes optaba por hoteles estase decantando por vivendas para facilitar as medidas de seguridade. 

 

Fonte | Faro de Vigo