Os bancos recortan un 25% o investimento inmobiliario tras a pandemia | Observatorio de Vivenda

Os bancos recortan un 25% o investimento inmobiliario tras a pandemia

Os bancos recortan un 25% o investimento inmobiliario tras a pandemia

A pandemia provocou un recorte no investimento en ladrillo por parte das entidades financeiras en 2020: os bancos destinaron 7.500 euros, o que supón un descenso do 25% con respecto a 2019, segundo apuntan fontes financeiras.

Esta caída explícase polo descenso da actividade durante o segundo trimestre do pasado exercicio polo confinamento da poboación e pola incerteza das promotoras con respecto aos seus proxectos a medio e longo prazo, xa que a actividade promotora decaeu un 35%, sobre todo polas consecuencias da pandemia na costa e na segunda residencia.

Tamén apuntan a un endurecemento na concesión de préstamos para explicar este descenso no investimento, unha situación que se resume nas esixencias para alcanzar o crédito: un 60% de preventas da promoción, fronte ao 50% que os bancos solicitaban antes do covid.

Fonte | Idealista