Os chalets e grandes casas son as vivendas máis demandadas para alugar na costa este verán segundo o portal Idealista | Observatorio de Vivenda

Os chalets e grandes casas son as vivendas máis demandadas para alugar na costa este verán segundo o portal Idealista

Os chalets e grandes casas son as vivendas máis demandadas para alugar na costa este verán segundo o portal Idealista

Despois do confinamento e o estado de alarma, o tipo de vivenda vacacional demandado na costa cambiou: ahora o tipo de vivenda máis demandado para alugar nos municipios cercanos ao mar concéntrase en casas máis grandes e estudos, por diante de pisos de tres ou máis dormitorios, segundo os datos de Idealista. 

Así, o tipo de vivenda máis demandado a partir de xuño foron os chalets e as fincas rústicas, estas últimas propiedades xeralmente ubicadas cerca do pobo desa zona costeira, aínda que non se atope en primeira liña de praia ou cerca da costa. Por suposto, entre as características que máis se buscan para elixir casa está a de contar con xardín ou piscina.

Nas provincias andaluzas de Cádiz, Granada e Málaga; as dúas provincias canarias, Las Palmas e Santa Cruz de Tenerife; en Girona, e ao norte, Asturias e Pontevedra, as casas de campo son as que teñen maior demanda.

Mentres, nas provincias de Levante como Castellón, Valencia ou Murcia; as dúas cidades autónomas, Ceuta e Melilla; no norte, con Cantabria e A Coruña, e na costa atlántica de Huelva o que máis contactos detectou durante o primeiro mes do verán foron as vivendas tipo chalet. Solo Guipúzcoa detectou un maior interese por alugar pisos grandes, de tres dormitorios.

No resto de provincias costeiras, Alicante, Almería, Baleares, Barcelona, Lugo, Tarragona e Vizcaya, porén, o tipo de vivenda máis demandado segue sendo o estudo. 

 

 

Fonte | Idealista