Os datos do Colexio de Rexistradores presentan unha caída na compravenda de vivendas do 70 % en abril  | Observatorio de Vivenda

Os datos do Colexio de Rexistradores presentan unha caída na compravenda de vivendas do 70 % en abril 

Os datos do Colexio de Rexistradores presentan unha caída na compravenda de vivendas do 70 % en abril 

Segundo os datos do Colexio de Rexistradores, a compravenda de vivendas rexistrou en España no mes de abril unha caída do 71,3 % respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata as 14.459 transaccións, o que supón o maior descenso da serie histórica iniciada en 2008. 

Por tipo de vivenda, a venda de pisos mostrou unha redución interanual do 71,7 % e as vivendas unifamiliares reduciron as súas transacción un 69,6 % interanual. O metro cadrado das vivendas compradas en abril alcanzou os 1.464 euros, un 3,3 % máis interanual, o que se explica polo aumento do 9,1 % do prezo das vivendas unifamiliares e do 2,5 % dos pisos. 

 

Fonte | El Español