Os datos do IGE amosan un incremento do 76% nas licenzas para a construción de vivendas en Galicia | Observatorio de Vivenda

Os datos do IGE amosan un incremento do 76% nas licenzas para a construción de vivendas en Galicia

Os datos do IGE amosan un incremento do 76% nas licenzas para a construción de vivendas en Galicia

As licenzas concedidas en febreiro para a construción de edificios de nova planta foron 181, o que supón un 20% máis que no mesmo mes de 2023. Nestes inmobles crearanse posteriormente 289 vivendas, o que supoñen un 76% máis que as 160 dun ano antes. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), estes 181 edificios e 289 vivendas tamén son máis que os datos do mes anterior, xaneiro, no que as licenzas foron 129 para inmobles e 122 para vivendas.

A rehabilitación de edificios mantense en 152 licenzas, mesmo dato que no ano anterior. Non obstante as vivendas para rehabilitar crecen ata 55, 17 máis en comparativa interanual. En canto ás demolicións, concedéronse 19 licenzas para edificios, case igual que en febreiro de 2023, que situáronse en 18. Así que, desta forma, demoleranse 19 vivendas.

Fonte.- Galicia Press