Os datos do INE amosan que entre 2015 e 2022 o alugueiro en Vigo aumentou un 12% | Observatorio de Vivenda

Os datos do INE amosan que entre 2015 e 2022 o alugueiro en Vigo aumentou un 12%

Os datos do INE amosan que entre 2015 e 2022 o alugueiro en Vigo aumentou un 12%

O prezo da vivenda en alugueiro entre 2015 e 2022 aumentou un 12,7% en Vigo, e un 2,8% no último ano rexistrado, segundo o Índice de Prezos da Vivenda en Alugueiro publicado polo INE. Trátase de porcentaxes que se sitúan na media, ata que o arrendamento en 2023 e 2024 disparouse a niveis nunca vistos. Segundo sinala o portal Idealista, o INE publica esta estatística baseada nos datos proporcionados pola Axencia Tributaria, que procede do modelo 100 das declaracións do IRPF. O INE leva publicando este índice apenas tres anos, e pretende facelo en cada primeiro trimestre de ano, cos resultados anuais dos dous anos anteriores. 

Na zona metropolitana o concello onde máis creceu neste período foi Ponteareas, un 14,9%, seguida por O Porriño co 13,7%. En Pontevedra tamén creceu máis que Vigo, o 13,5%, mentres que A Coruña mantívose no mesmo nivel, un incremento do 12,6%. O maior aumento de Galicia rexistrouno Boiro, na Ría de Arousa Norte, cun 15,5%. Baiona, en cambio, non chegou ao 10%, mentres Nigrán creceu o 13,3% e Sanxenxo o 12,9%.

Estas cifras atópanse bastante lonxe dos maiores crecementos no país, que se sitúan en Valencia, cunha subida do 23,3% na cidade (subidas superiores ao 27% na contorna), Palma, cun 21,8% ou Málaga, co 21,4%. A media nacional situouse no 2,7% de aumento interanual en 2022, aumentando en todas as comunidades autónomas, pero con maiores variacións en Baleares (3,7%), a Comunidade Valenciana (3,6%) e Canarias (3%). 

Fonte.- Atlántico