Os datos do INE mostran un descenso do 40% na compravenda de vivendas en abril  | Observatorio de Vivenda

Os datos do INE mostran un descenso do 40% na compravenda de vivendas en abril 

Os datos do INE mostran un descenso do 40% na compravenda de vivendas en abril 

Segundo os datos do INE, en abril do 2020, en pleno estado de alarma, formalizáronse 25.042 compravendas de vivendas, un 39,2 % menos en términos interanuais. Con este descenso, o balance do que levamos de ano sitúase nun -14,4 % e volve a niveis do verán de 2014. 

Nos catro primeiros meses do ano 2020 firmáronse cerca de 151.000 operacións, das que a inmensa maioría foron vivendas de segunda man.  No caso concreto de vivendas novas, no cuarto mes do ano firmouse o menos número de compravendas rexistrados da historia, con 4.439 unidades. En términos interanuais, estamos falando dun desplome do 41,3 %, fronte ao descenso do 38,8 % que experimentaron as vendas de vivendas de segunda man, con 20.603 unidades, o número máis baixo dende decembro de 2014. 

Os datos por comunidades autónomas mostran que todas rexistraron un descenso interanual pronunciado. Só cinco autonomías rexistraron máis de 1.000 transaccións e houbo tres que rexistraron menos de 300 transaccións. 

 

Fonte | idealista