Os desafiuzamentos en Vigo descenden un 30% ata o seu mínimo histórico | Observatorio de Vivenda

Os desafiuzamentos en Vigo descenden un 30% ata o seu mínimo histórico

Os desafiuzamentos en Vigo descenden un 30% ata o seu mínimo histórico

Segundo os datos rexistrados pola Oficina de Embargos e Notificacións de Vigo, no 2023 houbo 278 desafiuzamentos de inquilinos ou hipotecados, o que supón un descenso do 30% con respecto ao 2022, cando se tramitaron 402. Algunhas das razóns que apunta a Oficina de Embargos e Notificacións son, por unha parte, a folga de dous meses dos letrados xudiciais no primeiro trimestre, que paralizou a Cidade da Xustiza de Vigo e reduciu a actividade a 46 desafiuzamentos no primeiro trimestre en comparación aos 133 do mesmo trimestre de ano 2022.

Outra posible razón que explique este descenso sería a nova Lei de Vivenda, que dificulta os trámites para que un propietario expulse ao seu inquilino o que provocou un descenso destas peticións de desafiuzamento. Dende a Oficina de Embargos e Notificacións observan que, aínda que a cifra de demandas de execución de desafiuzamento son parcialmente similares (pasouse de 577 a 543 nun ano), a súa tramitación é máis lenta porque agora moitos máis inquilinos oponse xudicialmente e libran unha batalla legal que atrasa a orde de lanzamento.

Fonte.- La Voz de Galicia