Os desaloxos por impago de alugueiro estarán controlados por novas medidas | Observatorio de Vivenda

Os desaloxos por impago de alugueiro estarán controlados por novas medidas

Os desaloxos por impago de alugueiro estarán controlados por novas medidas

A Moncloa comunicou que o Goberno de coalición tomará medidas para frenar os desaloxos, principalmente os desaloxos por impago de alugueiro. Trataranse dunha forma especial os desaloxos que se producen nas zonas de mercado de alugueiro tensionado e por grandes posuidores de vivenda que se dedican ao mercado inmobiliario. 

Por iso, hai que precisar o concepto de zonas tensionadas, que terán asociadas medidas para impedir que certos propietarios poidan desaloxar a inquilinos, e o concepto de grandes posuidores de vivendas, que agora mesmo varía dunhas comunidades autónomas a outras. 

 

Fonte | El País