Os expedientes de man de obra en Ferrol aumentan un 20,8%, en contraposición á tendencia do resto da provincia | Observatorio de Vivenda

Os expedientes de man de obra en Ferrol aumentan un 20,8%, en contraposición á tendencia do resto da provincia

Os expedientes de man de obra en Ferrol aumentan un 20,8%, en contraposición á tendencia do resto da provincia

Segundo o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de A Coruña (Coatac), na cidade de Ferrol os expedientes de man de obra aumentaron un 20,8% en 2023 respecto ao ano anterior, pasando, en cifras absolutas, de 72 a 87. Esta cifra contrasta co balance da provincia, onde constatouse unha caída nos trámites do 8,75% con respecto a 2022, pasando de 1.772 a 1.617 trámites, e unha caída do 8,44% con respecto a 2021, onde se tramitaron 1.766 expedientes. 

Sen embargo, dos 87 encargos rexistrados, tan só dez corresponderon a inmobles de nova fabricación o que supón unha caída do 58,33% fronte a 2022, onde tramitáronse 24, e do 23% en comparación con 2021, onde foron 13 os expedientes tramitados. Esta situación deuse en toda a provincia, onde se rexistrou un descenso do 28,56%. 

Coatec sinala que a situación actual do sector é estable, pero estase a enfrontar a unha serie de ameazas a corto e medio prazo, tales como a falta de man de obra especializada, o coste dos materiais para a construción, a elevada tasa dos tipos de interese e a posibilidade de que se reduza a contía das subvencións europeas. Con todo, amósase certo optimismo sobre o sector en 2024.

Fonte.- Diario de Ferrol