Os expertos advirten: regular o alugueiro reducirá a oferta e elevará os prezos | Observatorio de Vivenda

Os expertos advirten: regular o alugueiro reducirá a oferta e elevará os prezos

Os expertos advirten: regular o alugueiro reducirá a oferta e elevará os prezos

Expertos do sector e diferentes portais inmobiliarios consideran que a regulación de prezos pode contraer todavía máis a oferta de vivenda en alugueiro e facer subir os seus prezos.

Así, esta medida pode facer que co paso do tempo moitos propietarios decidan poñer as súas vivendas en venda e non en alugueiro se a regulación de prezos é moi restrictiva. Hai que recordar que moitos propietarios necesitan do pago dese alugueiro para facer fronte a gastos que haxa sobre o piso alugado (IBI, impostos, hipoteca e outras taxas que existen en moitos municipios) e cunha regulación moi estricta pode que non lle sexa rendible alugar o piso. Se se reduce a oferta de vivenda en alugueiro pódese conseguir o efecto contrario ao esperado: que se incrementen os prezos ao escasear a oferta. Ademais, esta medida pode beneficiar temporalmente aos inquilinos con prezos limitados por lei mentres que dure o seu contrato, pero expulsará do mercado a potenciales demandantes ante a contracción da oferta.

De igual maneira, existen outros efectos colaterais indesexados a este tipo de limitacións como é unha posible caída do investimento dos propietarios na renovación dos inmobles, posto que o potencial de suba da renda pola mellora dun piso non compensará o custo das obras e isto fará que á larga o parque de alugueiro no noso país se vexa moi deteriorado.

Ademais, os mercados máis tensionados como poden ser Madrid ou Barcelona xa fai meses que están presentando axustes importantes nos prezos dos alugueiros, o que mostra que os prezos do alugueiro xa están amosando unha contracción en puntos quentes.

Algunhas solucións alternativas á problemática do alugueiro pasarían por fomentar a vivenda pública de alugueiro e por potenciar os incentivos ao arrendamento.

Fonte | Fotocasa