Os extranxeiros compraron o 12,6% das vivendas no último trimestre de 2021 | Observatorio de Vivenda

Os extranxeiros compraron o 12,6% das vivendas no último trimestre de 2021

Os extranxeiros compraron o 12,6% das vivendas no último trimestre de 2021

Segundo as cifras difundidas este luns na última Estatística Rexistral Inmobiliaria, no último trimestre do ano pasado, un 12,6% dos compradores de vivennda en España eran extranxeiros. Históricamente, os extranxeiros supoñían nos datos de operacións inmobiliarias en torno a un 10% das operacións totais. 

A recuperación dos compradores extranxeiros no mercado español encadea tres trimestres consecuivos en positivo, e ademáis volve superar a barreira do 10%, pois durante a pandemia a cifra caeu por debaixo dos dez puntos. Os datos dos rexistradores da propiedade amosan que a recuperación da demanda foi máis intensa precisamente nos mercados onde as compras dos extranxeiros teñen máis peso. A porcentaxe destes creceu, en términos porcentuais, ata os 4,6 puntos en Baleares, (para un 39% en total) e na la Comunidad Valenciana (24,3%). En Canarias fixoó ata os 2,2 puntos porcentuais, ata un 25,9%.

Se analizamos a nacionalidade dos compradores extranxeiros, atopamos que engloba tanto a residentes en España como a non residentes. Os británicos encabezan a primeira posición, comprando o 12,4% do total de casas que foron adquiridas por extranxeiros dende octubre ata decembro de 2021. Os alemáns (que superaron ós británicos no trimestre anterior), voltan á segunda posición cun 10,9% do total, sumando 1.953 compravendas. A terceira posición ocúpana os franceses, cun 7,5% do total, equivalente a 1.336 compravendas.

 

Fonte | El País