Os fogares en alugueiro en Galicia xa alcanzan os 172.000 tras aumentar un 55% en dez anos | Observatorio de Vivenda

Os fogares en alugueiro en Galicia xa alcanzan os 172.000 tras aumentar un 55% en dez anos

Os fogares en alugueiro en Galicia xa alcanzan os 172.000 tras aumentar un 55% en dez anos

A crise do COVID provocou un gran cambio no mercado da vivenda: Galicia suma na actualidade 172.000 fogares en réxime de alugueiro, o 14% do total na comunidade, o que é case un 55% máis que os 111.245 de fai dez anos e cinco puntos por encima da taxa que entonces representaban no conxunto do mercado residencial (9%), segundo os datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.

Dende a patronal galega auguran un repunte da demanda de pisos en arrendamento de case o 5% nas cidades. Non obstante, os empresarios inmobiliarios advirten do déficit actual no parque inmobiliario da comunidade e cifran as necesidades do mercado nas sete principais áreas metropolitanas en 20.000 vivendas para arrendamento.

Dos 172.000 fogares en réxime de arrendamento, o 14% do mercado residencial fronte aos pouco máis de 111.000 de fai dez anos (9% do total), o que supón un aumento nesta década no mercado do alugueiro do 54,6%. No caso das cidades o incremento foi maior: 64%, ao pasar de apenas 63.000 en 2010 a 103.300 agora.

Fonte | Faro de Vigo